O luns 30 de xaneiro de 2023,
conmemoramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o
alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á
erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a
día.
Os nenos
e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas que adornaron as portas das
súas aulas erematamos o acto cantando a canción “Mensajes
del agua”.
As nenas e nenos de
infantil sumáronseá conmemoración do
Día de Rosalía facendo este fermoso mural inspiradona frase de Rosalía de Castro:
“ Galicia florida, cal ela ningunha de frores
cuberta, cuberta de espuma».
Que preciosidade!
Tamén o alumnado de 3º e
4º da ESO, realizou na materia de Relixión un vistoso mural. Seguindo a
proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que
utiliza este ano o lema #cumpriuseaxustiza, o collage denuncia as inxustizas do
mundo, plantexando a pregunta... "Que diría Rosalía"?.
A rapazada buscou na
prensa imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da
explotación no traballo, os prezos da vivenda... e plasmouno no mural ilustrando
as imaxes con palabras que nos deben facer reflexionar, e que ben poderían ser
ditas por Rosalía, hoxe en día: xustiza
social, loita, lei, aldraxe, desigualdade, inxustizas, dignidade, solidariedade,
conciencia, moral...
O alumnado de 2º
ESO crearon o seguinte vídeo para concursar no Festival de
Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático . Como hai un premio ao
clipmetraxe máis votado, pediriámosvos que si queredes, piquedes no enlace, o vexades
e nos regaledes un voto.
O Festival de Clipmetraxes é unha actividade que fomenta o traballo en equipo e é unha maneira divertida e participativa de implicarse nun problema global.
Nesta edición, queremos reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e aos alimentos e descubrir os ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) como ferramenta para mellorar a vida das persoas e loitar contra a desigualdade.
Nun mundo caracterizado por un nivel sen precedentes
de desenvolvemento económico, medios tecnolóxicos e recursos financeiros, é un
escándalo moral que millóns de persoas vivan na extrema pobreza.
As persoas que viven na pobreza experimentan moitas
privacións interrelacionadas que se reforzan mutuamente, impedíndolles exercer
os seus dereitos e perpetuar a súa pobreza, entre elas:
👉condicións de
traballo perigosas
👉vivenda insegura
👉 falta de
alimentos nutritivos
👉acceso
desigual á xustiza
👉falta de
poder político
👉 acceso
limitado á atención médica
A desigualdade de oportunidades e de ingresos aumentan
bruscamente e, cada ano, a brecha entre ricos e pobres faise máis grande. No
último ano, mentres millóns de persoas loitan contra a erosión dos dereitos dos
traballadores e a calidade do emprego para chegar a outro día, o poder
empresarial e a riqueza da clase multimillonaria rexistraron un aumento sen
precedentes.
A pobreza e a desigualdade non son inevitables. Son o resultado de
decisións deliberadas ou da falla de medidas que desempoderan aos máis marxinados das nosas sociedades e violan os seus dereitos fundamentais. A violencia silenciosa e sostida da pobreza dificulta a saída das persoas atrapadas na pobreza extrema e nega a súa humanidade.
TRABALLO QUE CHE PIDO:
1. Que institucións hai na túa contorna para axudar aos empobrecidos? (só tes que citar os seus nomes)
2. Dirías que a pobreza é algo que teñas habitualmente na túa contorna? A túa resposta pode ser SI ou NON, pero para estar máis seguros, PROCURA FIXARTE, durante toda unha semana na túa contorna (o teu barrio, as rúas polas que pasas, os locais que frecuentas, as persoas coas que te atopas / cruzas, os xornais ou noticia que les) e achega os datos da túa investigación.
3. ESTE VÍDEO que te convido a ver fálanos de dous mundos moi distantes, pero non tan distintos (Nova York e Quenia).
4. E España! Busca datos na internet sobre a pobreza no noso país na actualidade. Logo comenta os dous datos que máis che fixeron pensar.
SOBES a túa resposta a través dun comentario a esta entrada e NON ESQUEZAS
escribir o teu NOME, número e curso.
GRAZAS!
Achar o sentido da vida non sempre é fácil. Hai persoas que atravesan por
unha crise existencial antes de atopalo e outras, nunca se plantexaron sequera
esta cuestión e viven simplemente por inercia. Con todo, o sentido da vida é o
que nos motiva e impulsa, o que nos enche e fainos máis felices. Ter un
obxectivo na vida axúdanos a superar os obstáculos e permítenos comprender que
cousas son verdadeiramente importantes e cales son nimiedades que só serven
para roubarnos tempo e enerxía. Por iso, a longo prazo, ter un sentido da vida
permítenos ser máis eficaces, enfrontar os problemas desde unha perspectiva
máis madura e, por suposto, ser máis felices.
Por sorte, ou por desgraza, o sentido da vida non é unha fórmula máxica nin
unha meta que se poida transferir dunha persoa a outra, debe ser unha resposta
que veña do teu interior e que che satisfaga só a ti. Con todo, algunhas
preguntas poden axudarche a atopar o verdadeiro sentido da vida. E antes de
respondelas, ten en conta a frase de
Voltaire: “A un home non se lle xulga polas súas respostas senón polas súas
preguntas”.
1.- Existe Deus?: "Todos fixémonos algunha vez esa pregunta. E quizais non todos teñamos a resposta clara. É probable que en ocasións dubidemos. Si eres dos que se fan preguntas e queres seguir investigando sobre a existencia de Deus, aquí tes un vídeo con algunhas respostas (e moita outras preguntas)
2.- Por qué sufrimos? "Si existe Deus e din que é bo e todopoderoso… por qué non impide o mal no mundo?, por qué sufrimos? Encontrámonos ante o problema do mal, nunca completamente resolto. Se queres investigar un pouco máis, se non che vale calquera resposta, con este vídeo podes seguir buscando".
2.- Cómo é Deus?:É un tirano? É bondadoso? É un xuiz castigador? Cómo é realmente Deus? Quizais nos alonxamos del porque temos unha imaxe falsa ou deformada. Se queres averiguar cómo é, ofrecémosche este vídeo".
Si somos hijos, hijos de un mismo Dios ¿Por qué siempre caen
los mismos, por qué? Macaco se encuentra con el problema del dolor humano. Y el
problema de que, si Dios existe, ¿Cómo puede permitir el dolor del hombre?
Nos dice Macaco que “Si somos hijos de un mismo Dios
¿porque, siempre caen los mismos, porque?”. “Si somos hijo de un mismo Dios ¿Por qué los ojos se nublan y se
acostumbran a o todo este dolor?”. Parece que nos hemos acostumbrados a vivir en este mundo
insolidario e incompleto y ver como algo natural e inevitable todas la
tropelías que se cometen en él. Estoy convencido de que otro mundo es
posible y necesario y vale la pena luchar por él pero para ello
es necesario que la educación en valores y el respeto de los Derechos
Humanos sean la base que rijan la construcción de esta nueva sociedad.
Muchas veces los problemas cotidianos, o coyunturales creen solucionarlos
los políticos, pero los problemas de fondo aquellos que son estructurales que
son el germen de todo, como es la construcción de la paz tienen que ser
tratados desde las familias y desde el sistema educativo si queremos
entre todos transformar el mundo en el que vivimos. Decía Pablo Neruda
que “la solidaridad es la ternura de los pueblos” y sin duda esta debe ser junto la empatía los
grandes motores que construyan la paz.
El significado de Hijos de un mismo Dios: Un problema que
nació con el ser humano. El problema de por qué Dios permite el mal. No sólo
físico, sino también moral. Dios respeta la libertad del hombre y es el mal uso
de la libertad el que provoca gran parte de ese mal. Ese es el mal, al menos,
del disparo de Tijuana, de la pareja de Nueva York, de la crisis económica y
demás. El mal de la última estrofa, la enfermedad, puede decirse que entra en
el contexto de la armonía necesaria para la naturaleza. El maltrato derivado de
esa enfermedad es otro abuso de la libertad humana. De cualquier forma nuestro
Dios no es un Dios culpable y tiránico. No se olvida de nosotros. Nos ama
personalmente. Esto puede saberse o no. Pero hasta que no se experimente,
seguiremos abrumados por el problema del mal y el problema del dolor.
Reflexiona y justifica según tu punto de vista:
¿Que problemas que se están dando en la sociedad y en el mundo se reflejan en la canción?
¿Quién crees que es responsable de ellos?
¿Qué emociones te producen esos acontecimientos que se reflejan en ella?
¿Por qué siempre caen los mismos?
¿Por qué los ojos se nublan y nos acostumbramos a todo el dolor
que vemos en el mundo?
Qué significa el cable rojo de la última escena del vídeo?.
Describe alguna situación o noticia que en los últimos días
hayas visto, ya sea en los medios de comunicación o en algún otro sitio y que
te haya impactado. Explica que emociones te ha provocado y quien crees que es responsable de ella.
¿Que podemos hacer para cambiar el mundo?. ¿Está en tus
manos?. ¿En qué medida?
Estamos de en hora
boa!!! O grupo de alumn@sde
1º de ESO da clase de Reli formado porSofía, Martina,
Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e
Mario dan un pasiño máis e quedan GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR
ONCE co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.
O noso traballo pasa directamente á FASE NACIONALrepresentando
a Galicia na categoría D onde se enfrontará agora aos seleccionados nas demais comunidades
autónomas.
Polo de pronto foron premiadoscunha emocionante experiencia de escape
room. ¡Un divertido reto que terán que superar, una vez máis, en grupo!
Parabéns e a seguir abrindo Camiños cara a Inclusión.
Hoxe na praza da Constitución da nosa vila realizouse un acto en apoio ao pobo ucraíno,organizado polo concello. Un acto no que se reivindicou a paz e amosouse a solidariedade coas 3 familias chegadas de Ucraína, e que agora conviven con nós.
No acto membros destas familias leron unha declaración en contra da guerra e finalizouse o acto coa actuación da banda de música Xábrega que interpretou o “Himno á alegría”.
Desde aquí queremos dar as grazas aos rapaces de 1º de ESO: Carlos, Lucas, Daniel e Manuel que estiveron toda á mañá realizando unha acción solidaria recadando fondos a través da venda de bolígrafos coa lenda “Pola Paz”. Grazas polo voso tempo e grazas tamén a toda a xente que aportou o seu graíño de area para esta causa.
O recadado hoxe (650 €), sumado ao recadado no noso colexio irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).
Estamos de en hora boa!!!
O grupo de alumn@sde 1º de ESO
formado porSofía, Martina, Álvaro, Leo,
Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario
quedaron gañadores provinciais do Concurso Escolar Once co seu vídeo “A
accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.
Este ano baixo o lema “ O camiño que nos fai iguais” os
nosos alumn@s quixeron transmitir que
cando unha persoa con discapacidade atopa barreiras para vivir na súa contorna,
estáselle privando da súa liberdade e dos seus dereitos e que tod@s comezando polos poderes públicos deben traballar pola accesibilidade en todos
los ámbitos de la vida.
Non queremos deixar de felicitar aos outros grupos de rapaces e rapazas de 1º, 2º , 3º e 4º da ESO
que aínda que non gañaron, fixeron uns traballos impresionantes. Grazas a
todos polo voso esforzo, entusiasmo, creatividade e conciencia.
Como
sabedes o noso colexio, o CPI As Mirandas, é centro embaixador de
Save the Children. Levamos unha década axudando a través desta ONG
á infancia máis desfavorecida en distintos lugares do mundo no que
hai conflitos. Neste momento a guerra en Ucraína estase cebando cos
máis vulnerables, entre os que se atopan as nenas e os nenos. Por elo, o
alumnado de ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar
fondos para a infancia de Ucraína.
Pero
mellor que vexades este vídeo onde explican a súa proposta.
Todo o recadado irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).
Tamén as rapazas e rapaces de 1º de ESO quixeron poñer voz ao seguinte manifesto que foi escrito, polas nenas e nenos de Mali, Sudán, Colombia, Yemen e Siria, países en conflito. Nel se expresa o que pensan das guerras e fan un chamamento aos dirixentes para que tomen medidas XA, porque todas as guerras son guerras contra a infancia.
O próximo luns 14 e martes 15 de marzo 2022 imos participar nunha recollida de recursos para Ucraína. Nesta iniciativa participan o grupo folclórico e cultural de Monfero, o Concello e o centro e todos as persoas da Comunidade educativa estamos invitadas a participar.
As doazóns deixaranse ao carón da porta de acceso do patio cuberto a primeira hora, cando o alumnado chegue ao centro. Da xestión loxística desta recollida encargaranse a mestra Cristina Rabuñal en colaboración con Verónica, Andrea e Yolanda. Pregamos axuda na mesma.
Será para a Asociación Ask Aga-Ucraína: ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA e os recursos que se precisan son:
Para bebés e nenos: comida (galletas tipo maría, papillas ou purés (non de cristal), cacao, cueiros, toallitas), roupa térmica bebé-3/4 a.
Hixiene: papel hixiénico, pasta de dentes, cepillo de dentes, xabón, compresas, tampóns, máquinas para afeitar.
Roupa e outros: roupa térmica adultos, roupa interior de home térmica, gorros, luvas, polares t. L- XL, lanternas, pilas, filtros para a auga, camisetas manga curta escuras, sacos de durmir, xeonlleiras, esterillas.
Tamén son necesarias menciñas: vendas, betadine, auga osixenada, alcol, bepanten crem, antibióticos, ibuprofeno e parcetamol. As mesmas, recolléranse no: Local social dás Travesas. Mañás: de 10:00 h a 12:00 h, tardes de 19:00 h a 21:00 h, non no cole.
No caso de querer facer unha doazón económica o nº de conta é: ABANCA ES73 2080 0000 7230 4027 0691.
O 8M permitirá que a nosa comunidade educativa o Concello e a veciñanza de Ares participen
conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de
violencia machista.
Dende o ente municipal promoveranse dúas marchas, un total
de 28 charlas dentro do proxecto Control Off e, no eido cultural, o monólogo de
educación afectivo-sexual levado a cabo por Patty Diphusa.
A primeira das marchas reivindicativas organizarase o
próximoxoves, 10 de marzo, ás 14.00 horas, e conectará a tódolos cursos do CPI
As Mirandas, ás asociacións de Amas de Casa de Ares e Concepción Arenal e ao
Concello. Percorrerá o núcleo urbano da vila dende o colexio ata a Praza da
Constitución, con lectura dun manifesto por parte do alumnado, e suporá a
terceira edición desta iniciativa.
A esta marcha súmase a xa planificada para o sábado, 12 de
marzo, “Móvete pola Igualdade”, que permitirá á veciñanza defender a inclusión
da muller na sociedade a través da práctica deportiva. Non obstante, no evento
poderán participar todas as persoas que o desexen, homes e mulleres, sempre e
cando sexan maiores de 12 anos.
A maiores destes eventos, o Centro de Información á Muller
(CIM) e o CPI desenvolverán un amplo proxecto de obradoiros para previr a
violencia de xénero dende este mes de marzo, co gallo do 8M, ata final do curso
académico. Os obradoiros Control Off chegarán á localidade financiados entre o
Concello e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e axudarán ao
alumnado da ESO a aproximarse ás relacións afectivas saudables; a definir e
identificar a violencia de xénero ou a establecer mecanismos de prevención
desta violencia na contorna dixital, sempre dende unha metodoloxía
participativa e aberta ó debate.
Este ano o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 Edición e baixo o lema
"O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS", convídanos a traballar unidos pola inclusión e converte ao alumnado en axentes de cambio, animándoos a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna, porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade.
E así o entenderon as rapazas e rapaces da ESOcreando pezas audiovisuais, de como máximo 1 minuto, nas que intentaron comunicar as súas
ideas para facer máis inclusiva a contorna nos seguintes ámbitos: Lecer,
educación, emprego e accesibilidade universal.
Aquí tedes os traballos que realizaron e queforon presentados ao concurso. Xa veredes que
chulos!!!.
O 30 de xaneiro
celebráse o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de
conmemorar o aniversario da morte de Gandhi trataremos de imaxinar un mundo sen
violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que
todos poidamos vivir en harmonía e igualdade.