miércoles, 1 de marzo de 2023
UN ERROR DE CÁLCULO
CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ
O luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día.
Os nenos e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas que adornaron as portas das súas aulas e rematamos o acto cantando a canción “Mensajes del agua”.
domingo, 26 de febrero de 2023
ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DOS NOSOS MURAIS
As nenas e nenos de infantil sumáronse á conmemoración do Día de Rosalía facendo este fermoso mural inspirado na frase de Rosalía de Castro:
“ Galicia florida, cal ela ningunha de frores cuberta, cuberta de espuma».
Que preciosidade!
Tamén o alumnado de 3º e 4º da ESO, realizou na materia de Relixión un vistoso mural. Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que utiliza este ano o lema #cumpriuseaxustiza, o collage denuncia as inxustizas do mundo, plantexando a pregunta... "Que diría Rosalía"?.
A rapazada buscou na prensa imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda... e plasmouno no mural ilustrando as imaxes con palabras que nos deben facer reflexionar, e que ben poderían ser ditas por Rosalía, hoxe en día: xustiza social, loita, lei, aldraxe, desigualdade, inxustizas, dignidade, solidariedade, conciencia, moral...
jueves, 16 de febrero de 2023
FESTIVAL DE CLIPMETRAXES: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Agua.
O alumnado de 2º ESO crearon o seguinte vídeo para concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático . Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediriámosvos que si queredes, piquedes no enlace, o vexades e nos regaledes un voto.
https://www.youtube.com/watch?v=F2x3zKzoB8A
lunes, 31 de octubre de 2022
DÍA INTERNACIONAL para a erradicación da POBREZA
Nun mundo caracterizado por un nivel sen precedentes de desenvolvemento económico, medios tecnolóxicos e recursos financeiros, é un escándalo moral que millóns de persoas vivan na extrema pobreza.
As persoas que viven na pobreza experimentan moitas privacións interrelacionadas que se reforzan mutuamente, impedíndolles exercer os seus dereitos e perpetuar a súa pobreza, entre elas:
👉condicións de
traballo perigosas
👉vivenda insegura
👉 falta de
alimentos nutritivos
👉acceso
desigual á xustiza
👉falta de
poder político
👉 acceso limitado á atención médica
A desigualdade de oportunidades e de ingresos aumentan bruscamente e, cada ano, a brecha entre ricos e pobres faise máis grande. No último ano, mentres millóns de persoas loitan contra a erosión dos dereitos dos traballadores e a calidade do emprego para chegar a outro día, o poder empresarial e a riqueza da clase multimillonaria rexistraron un aumento sen precedentes.
A pobreza e a desigualdade non son inevitables. Son o resultado de
decisións deliberadas ou da falla de medidas que desempoderan aos máis marxinados das nosas sociedades e violan os seus dereitos fundamentais. A violencia silenciosa e sostida da pobreza dificulta a saída das persoas atrapadas na pobreza extrema e nega a súa humanidade.
TRABALLO QUE CHE PIDO: 1. Que institucións hai na túa contorna para axudar aos empobrecidos? (só tes que citar os seus nomes) 2. Dirías que a pobreza é algo que teñas habitualmente na túa contorna? A túa resposta pode ser SI ou NON, pero para estar máis seguros, PROCURA FIXARTE, durante toda unha semana na túa contorna (o teu barrio, as rúas polas que pasas, os locais que frecuentas, as persoas coas que te atopas / cruzas, os xornais ou noticia que les) e achega os datos da túa investigación. 3. ESTE VÍDEO que te convido a ver fálanos de dous mundos moi distantes, pero non tan distintos (Nova York e Quenia).
jueves, 15 de septiembre de 2022
O SENTIDO DA VIDA
Achar o sentido da vida non sempre é fácil. Hai persoas que atravesan por unha crise existencial antes de atopalo e outras, nunca se plantexaron sequera esta cuestión e viven simplemente por inercia. Con todo, o sentido da vida é o que nos motiva e impulsa, o que nos enche e fainos máis felices. Ter un obxectivo na vida axúdanos a superar os obstáculos e permítenos comprender que cousas son verdadeiramente importantes e cales son nimiedades que só serven para roubarnos tempo e enerxía. Por iso, a longo prazo, ter un sentido da vida permítenos ser máis eficaces, enfrontar os problemas desde unha perspectiva máis madura e, por suposto, ser máis felices.
Por sorte, ou por desgraza, o sentido da vida non é unha fórmula máxica nin unha meta que se poida transferir dunha persoa a outra, debe ser unha resposta que veña do teu interior e que che satisfaga só a ti. Con todo, algunhas preguntas poden axudarche a atopar o verdadeiro sentido da vida. E antes de respondelas, ten en conta a frase de Voltaire: “A un home non se lle xulga polas súas respostas senón polas súas preguntas”.
jueves, 19 de mayo de 2022
HIJOS DE UN MISMO DIOS
lunes, 25 de abril de 2022
GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE. AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!
Estamos de en hora boa!!! O grupo de alumn@s de 1º de ESO da clase de Reli formado por Sofía, Martina, Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario dan un pasiño máis e quedan GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.
O noso traballo pasa directamente á FASE NACIONAL representando
a Galicia na categoría D onde se enfrontará agora aos seleccionados nas demais comunidades
autónomas.
Polo de pronto foron premiados cunha emocionante experiencia de escape
room. ¡Un divertido reto que terán que superar, una vez máis, en grupo!
Parabéns e a seguir abrindo Camiños cara a Inclusión.
Grazas polo voso traballo.
Aquí podedes ver de novo vídeo gañador:
domingo, 3 de abril de 2022
ACTO EN APOIO AO POBO UCRAÍNO
jueves, 31 de marzo de 2022
GAÑANORES PROVINCIAIS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE!!!
Carta Felicitación Gañadore... by yolick20003194
Este ano baixo o lema “ O camiño que nos fai iguais” os
nosos alumn@s quixeron transmitir que
cando unha persoa con discapacidade atopa barreiras para vivir na súa contorna,
estáselle privando da súa liberdade e dos seus dereitos e que tod@s comezando polos poderes públicos deben traballar pola accesibilidade en todos
los ámbitos de la vida.
Non queremos deixar de felicitar aos outros grupos de rapaces e rapazas de 1º, 2º , 3º e 4º da ESO
que aínda que non gañaron, fixeron uns traballos impresionantes. Grazas a
todos polo voso esforzo, entusiasmo, creatividade e conciencia.
AXUDA HUMANITARIA Á INFANCIA DE UCRAÍNA. CPI AS MIRANDAS
Como sabedes o noso colexio, o CPI As Mirandas, é centro embaixador de Save the Children. Levamos unha década axudando a través desta ONG á infancia máis desfavorecida en distintos lugares do mundo no que hai conflitos. Neste momento a guerra en Ucraína estase cebando cos máis vulnerables, entre os que se atopan as nenas e os nenos. Por elo, o alumnado de ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína.
Pero mellor que vexades este vídeo onde explican a súa proposta.
miércoles, 9 de marzo de 2022
AXUDA HUMANITARIA A UCRANIA
- Para bebés e nenos: comida (galletas tipo maría, papillas ou purés (non de cristal), cacao, cueiros, toallitas), roupa térmica bebé-3/4 a.
- Hixiene: papel hixiénico, pasta de dentes, cepillo de dentes, xabón, compresas, tampóns, máquinas para afeitar.
- Roupa e outros: roupa térmica adultos, roupa interior de home térmica, gorros, luvas, polares t. L- XL, lanternas, pilas, filtros para a auga, camisetas manga curta escuras, sacos de durmir, xeonlleiras, esterillas.
- Comida: conservas (non de cristal), sopas instantáneas, barras enerxéticas, froitos secos, leite condensado, chocolate negro, té, café.
8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022
O 8M permitirá que a nosa comunidade educativa o Concello e a veciñanza de Ares participen conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de violencia machista.
Dende o ente municipal promoveranse dúas marchas, un total
de 28 charlas dentro do proxecto Control Off e, no eido cultural, o monólogo de
educación afectivo-sexual levado a cabo por Patty Diphusa.
A primeira das marchas reivindicativas organizarase o
próximo xoves, 10 de marzo, ás 14.00 horas, e conectará a tódolos cursos do CPI
As Mirandas, ás asociacións de Amas de Casa de Ares e Concepción Arenal e ao
Concello. Percorrerá o núcleo urbano da vila dende o colexio ata a Praza da
Constitución, con lectura dun manifesto por parte do alumnado, e suporá a
terceira edición desta iniciativa.
A esta marcha súmase a xa planificada para o sábado, 12 de
marzo, “Móvete pola Igualdade”, que permitirá á veciñanza defender a inclusión
da muller na sociedade a través da práctica deportiva. Non obstante, no evento
poderán participar todas as persoas que o desexen, homes e mulleres, sempre e
cando sexan maiores de 12 anos.
A maiores destes eventos, o Centro de Información á Muller
(CIM) e o CPI desenvolverán un amplo proxecto de obradoiros para previr a
violencia de xénero dende este mes de marzo, co gallo do 8M, ata final do curso
académico. Os obradoiros Control Off chegarán á localidade financiados entre o
Concello e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e axudarán ao
alumnado da ESO a aproximarse ás relacións afectivas saudables; a definir e
identificar a violencia de xénero ou a establecer mecanismos de prevención
desta violencia na contorna dixital, sempre dende unha metodoloxía
participativa e aberta ó debate.
#ConcellodeAres #CPIAsMirandas#CIMAres#DíaInternacionaldaMuller #8M #DíadaMuller #ConcellariaBenestarIgualdadeAres #ConcellariaCulturaAres
38 CONCURSO ESCOLAR ONCE. O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS
Este ano o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 Edición e baixo o lema
E así o entenderon as rapazas e rapaces da ESO creando pezas audiovisuais, de como máximo 1 minuto, nas que intentaron comunicar as súas
ideas para facer máis inclusiva a contorna nos seguintes ámbitos: Lecer,
educación, emprego e accesibilidade universal.
Aquí tedes os traballos que realizaron e que foron presentados ao concurso. Xa veredes que chulos!!!.
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
Son muchos los libros que se han publicado en los últimos años respondiendo a la pregunta de si Fe y Ciencia son compatibles. Uno de los ...


















